Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O celtismo brindará ao equipo antes do Celta-Espanyol o primeiro recibimento da tempada

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

Oscar Vázquez

Siareiros Celta Vigo convoca á afección ás 16.45 horas do sábado

10 abr 2025 . Actualizado a las 18:52 h.

O Celta vivirá este sábado, na previa do partido fronte ao Espanyol, o primeiro recibimento organizado da tempada en Balaídos. Logo da vitoria conquistada en Mallorca a pasada fin de semana, que avivou o soño da clasificación europea, comezara a petición a través das redes sociais de que se convocase quedada para dar a benvida ao autobús do equipo no momento da chegada ao estadio, e este xoves chegou a confirmación.

A Federación de Peñas vén de compartir o chamamento, que leva o selo da coordinadora da bancada de animación, Siareiros Celta Vigo. Dado que o partido comena ás 18.30 horas, a cita será arredor das 16.45 para ese recibimento ao equipo, e a cousa non queda aí, senón que tamén animan a estar nos asentos media hora antes do encontro e, despois, a deixar a voz animando durante os 90 minutos.

Será o primeiro recibimento organizado da presente tempada, pero non da era Claudio Giráldez. O adestrador porriñés xa puidera vivir esta experiencia como técnico o pasado 15 de maio, na previa do penúltimo partido en casa da tempada 2023/2024, na que colleu o relevo de Rafa Benítez e conseguiu salvar ao equipo. Aquel día, o equipo venceu ao Athletic Club por 2-1.